Unha concentración ante o Congreso reclama ao Goberno do Estado que non financie a planta de Altri
A convocatoria foi impulsada pola Plataforma Ulloa Viva, Ecoloxistas en Acción e Greenpeace e nela participaron representantes de BNG e Sumar, entre elas a propia vicepresidenta do Executivo e ministra de Traballo, Yolanda Díaz. “O que necesita escoitar Galicia é que das arcas públicas non sairá nin un só euro, pois o proxecto é enormemente prexudicial para o medio ambiente e a sociedade galega”, afirmouse na concentración.
"Habemus papam": o cardeal Prevost é o papa León XIV
O nome do sucesor de Pedro número 267 foi anunciado este xoves tras a cuarta votación dos cardeais reunidos no conclave na Capela Sistina desde o mércores. É o primeiro pontífice da orde dos agustinos e formaba parte da Curia romana
As críticas forzan a Xunta a recuar con E-Dixgal: promete mellores contidos e máis libros de texto
Familias e docentes amosaron nos últimos anos un rexeitamento crecente ao programa de educación dixital, que neste curso sufriu un récord de centros que se deron de baixa. A Consellaría de Educación di apostar agora por un ensino "híbrido" e promete unha maior presenza dos libros de texto tradicionais coa posibilidade de que as familias accedan a axudas.
"Agora vou cantar eu que xa hai que non cantei": o CCG acompaña as Letras cun libro que é unha foliada
O Consello da Cultura presentou a publicación conmemorativa da institución para o 17 de maio, un libro coordinado pola musicóloga Beatriz Busto Miramontes que inclúe unha escolma de 94 cantareiras a partir do corpus do Cancioneiro popular galego, unha antoloxía que "é en certo modo unha foliada". Ademais, unha ducia destas cantaruxeiras son ilustradas por Cestola na Cachola nun especial transmedia que incorpora audios e vídeos.
Mondra vai 'De ronda', sedutor e irreverente no seu novo disco
O cantareiro e bailador vén de publicar o seu segundo traballo, De ronda, integrado por once temas con cadanseu videoclip, que son, ao tempo, “estados do corpo” que se poden dar nunha noite de troula. Un traballo no que Mondra propón un disco máis persoal pero sempre irreverente e atravesado pola sexualidade, o amor propio, a comunidade ou os valores da mocidade e cunha manchea de elementos propios da tradición oral galega
Cans presenta programación: 40 filmes e 25 concertos con antimilitarismo, memoria e despoboamento como temas
O festival celebrarase do 20 ao 24 de maio, coa presenza de Daniel Sánchez Arévalo e a estrea de películas como Antes de Nós, de Ángeles Huerta. Na parte musical destacan as actuacións de Mondra, Susana Seivane, Biznaga ou Caamaño&Ameixeiras.
Aprobado o proxecto 'Abrir Ferrol ao Mar', que inclúe a derruba de parte da muralla do Arsenal
A intervención, cunha duración de 18 meses, comezará precisamente na contorna da instalación militar, onde parte da muralla do século XVIII será substituída por un valo. O mar non se poderá tocar, pero si ver a través deste novo peche. A obra, que incluirá rehabilitacións e carrís bici, abraguerá un espazo de 1,5 quilómetros, e nun futuro será continuada en Esteiro e Caranza.
As Tanxugueiras, no acto central dun Día das Letras que unirá tradición e futuro
Malpica acollerá a sesión extraordinaria da Academia, na que Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro porán a música nun evento que personificará nas Pandeireteiras de Mens a homenaxe ás cantareiras. O pleno incluirá as alocucións académicas de Ana Boullón, impulsora da candidatura; de Antón Santamarina, coautor do Cancioneiro Popular Galego; e do expresidente da RAG Xesús Alonso Montero.
Fuxan os Ventos regresan para dous concertos no 'seu' auditorio de Lugo
Os días 5 e 8 de xuño o histórico grupo ofrecerá senllos concertos no recinto cultural lucense que leva o seu nome coa compaña de Faia e De Ninghures: "É un soño, que remos compartir co público todo o que a música nos deu durante máis de cinco décadas"
Un .gal de balde se te fas de Praza no mes das Letras Galegas
A Asociación de Medios en Galego, Dinahosting e PuntoGal vólvense unir para celebrar o Día das Letras Galegas e o Día de Internet. Todas as persoas que se dean de alta como socias e socios de Praza do 17 ao 31 de maio recibirán o agasallo, valorado en 170 euros, mediante un código que poderán empregar ata o 30 de xuño
As matronas denuncian no seu día salarios "do século pasado", "agravios" e déficit de persoal
CIG-Saúde advirte dunha precariedade para o colectivo no Sergas que é "aínda peor" nas áreas sanitarias da Coruña e Santiago. SATSE alerta da necesidade de máis profesionais na Atención Primaria.
Un reivindicativo descenso polo Ulla volve clamar contra Altri e a mina de Touro
Decenas de embarcacións participan nunha actividade na que os convocantes piden que se "descarten definitivamente" ambos proxectos e advirten da súa afectación aos ecosistemas e á calidade das augas.