
Besteiro revela que Rueda non estivo no centro de emerxencias na noite do apagamento
O presidente non desmente ao socialista pero acúsao de ser el o "ausente" da política galega
O presidente non desmente ao socialista pero acúsao de ser el o "ausente" da política galega
A socióloga María José Andrade Suárez, o psicólogo experto en adiccións Antonio Rial Boubeta e a psicóloga clínica especializada en emerxencias Ana María Núñez axúdannos a debullar a nosa dependencia da electricidade, como enfrontar o sucedido este 28 de abril e cales son as cuestións máis pertinentes sobre as que reflexionar agora que sabemos que algo así pode volver a suceder.
Sábese (máis o menos) o que pasou pero non as causas exactas do sucedido. Practicamente todas as posibilidades seguen abertas, aínda que si se descarta xa algún tipo de accidente ou problema técnico ou algún "estraño fenómeno meteorolóxico". Buscamos o contexto do apagamento e falamos con Pablo Álvarez, técnico da cooperativa Unión Renovables, que pide un "debate repousado" e "aprender dos fallos, avaliar e facer melloras no sistema enerxético". "Investir na mellora do sistema eléctrico é unha decisión sobre o uso dos cartos dos nosos impostos", conclúe
No momento do apagamento había capacidade para perder sen previo aviso ata o equivalente ao 60% da enerxía, pero a desconexión en cadea de decenas de centrais superou as devasas e tombou a rede. Fontes de Transición Ecolóxicas defenden que o exceso de renovables non foi a causa, aínda que recoñecen que haberá que estudar cambios regulatorios para facelas máis seguras. A única tecnoloxía á que sinalan os técnicos por supor un problema no apagamento foi a nuclear: apagouse por seguridade durante o 'cero enerxético' do luns e non se deu prendido ata o mécores
Durante 2024 "rexistráronse 17 interrupcións de subministro" en todo o Estado, segundo Red Eléctrica, que supuxeron non subministrar 32 megavatios/hora, 12 deles en Galicia. O pasado ano ata o 83% da produción eléctrica galega foi renovable, un fito no que foi protagonista a enerxía hidráulica nun marco de estancamento xeral de potencia instalada
O presidente segue sen descartar ningunha hipótese sobre as causas do apagamento e desbota que máis enerxía nuclear axudase na situación vivida