
- Crónica Debate 2025
- Política
Dez anos e un 'talk show': alardes sociais no aniversario de Rueda para estreitar o campo fóra do PP
No peor da crise de hai unha década, RTVE lanzou e despois retirou un programa de recadacións solidarias no que profesionais dos servizos sociais vían "beneficencia televisada". Rueda inaugurou o aniversario da súa vitoria nun evento con ecos daquel espazo televisivo e culminouno no debate de política xeral, no que combinou a autoemenda nalgúns dos asuntos nos que máis fraquearon os gobernos de Feijóo que vicepresidiu co internamento dialéctico nas liñas dos adversarios pola vía das promesas e coa apelación a unha "Galicia en grande".