
O Plan Xeral de Normalización Lingüística é un fetiche
Despois de vinte e cinco anos sen froitos, o PXNL continúa sendo estéril, pero ocupa de novo o centro das discusións. Magnifícase e confúndese cun artefacto fabuloso, un instrumento ao que se lle atribúen grandes poderes. Capaz mesmo de producir o milagre salvífico. É un autoengano. A renovación do Plan, falar diso, dar titulares, é un novo pasatempo do PP para entreter os adversarios e tratar de posuír a iniciativa. E para congraciarse co importantísimo sector de votantes xenericamente favorábel á lingua galega. Xesticulación amábel. Facer que se fai