Altri pide ao Estado reclamar á UE máis prazo para as axudas das que fica fóra
O proxecto previsto en Palas de Rei foi excluído do PERTE de descarbonización, polo que aspiraba a 30 millóns de euros. A empresa di que non tiña opcións por mor dos prazos agás que o Goberno de España reclamase amplialos e pídelle que o faga. Advirte que a iniciativa "segue o seu curso" e que a exclusión destas axudas "non altera a folla de ruta".
O Caudal Fest suma a Zahara, Vega e Músculo! para a fin de semana "amigable" que pecha o verán
O festival lucense, que se celebra o vindeiro setembro, detalla a distribución por días dun cartel con bandas como Love of Lesbian, Carolina Durante, The Rapants, Elyella ou Alcalá Norte
A política galega despide a Francisco: da sobriedade na dereita ás gabanzas na esquerda
Alfonso Rueda coincide con Feijóo nunha mensaxe sobria de despedida, mentres Pontón e Besteiro gaban a súa "defensa dos dereitos sociais" ou o "compromiso cos máis vulnerables". Yolanda Díaz defíneo como "un grande embaixador do traballo decente, da paz e da xustiza social".
Homenaxe a 'Barriga Verde', o monicreque que mantivo vivo o galego nun tempo en que estaba proscrito
Este sábado 26 de abril a Casa da Cultura de Lérez, parroquia pontevedresa na que viviu a familia Silvent, acollerá unha homenaxe ao iniciador da tradición, José Silvent. No acto, organizado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, mudarase por outra en galego a lápida da tumba na que repousan os seus restos e os da súa dona.
O Castelao "máis íntimo" xa cobra vida no cinema en vésperas da estrea de 'Antes de nós'
Ángeles Huerta presenta o tráiler do filme que se achega a dúas das etapas menos coñecidas da vida do político e artista: a súa intervención como médico durante a gripe de 1918 e a viaxe pola Bretaña tras a perda do seu único fillo
Investigadores da USC constatan a diminución de aves provocada pola extensión do eucalipto
A expansión das plantación de eucaliptos é o factor principal na diminución da avifauna forestal autóctona no Noroeste da Península Ibérica, destaca o equipo, que analizou nas Fragas do Eume como as características da vexetación afectan á comunidade de aves forestais
As agresións na sanidade pública volven mobilizar o seu persoal, desta vez no Álvaro Cunqueiro
A mobilización en Vigo chega despois dunha agresión sufrida por persoal de enfermaría o pasado xoves e días despois de que profesionais do CHUAC presentasen 2.000 sinaturas ante a Consellería de Sanidade pedindo protocolos actualizados contra a violencia.
Enreguéifate bate récords cun cento de vídeos de improvisacións bravas e ben faladas
O proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo anunciou os seus 16 gañadores nas súas distintas categorías. Os premios entregaranse o 19 de maio en Santiago na Gala Enreguéifate - Regueibertso. A alta participación "confirma a boa saúde da regueifa e da improvisación oral", destacan os seus organizadores.
O 'Validatón' revisou e gravou 10.000 audios para que as máquinas entendan mellor o galego
O pasado venres a Facultade de Filoloxía da USC acolleu un maratón de validación e gravación de fragmentos de voz en galego. Búscase xerar un corpus público que permitirá que distintas aplicacións informáticas poidan comprender as persoas que falen na lingua propia de Galicia.
A loita contra Altri estrea o seu documental
O filme, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, analiza os posibles efectos da implantación da planta de Altri en Palas de Rei, localidade onde se estreará este sábado, 12 de abril, a partir das 20 horas na Casa da Cultura. "A difusión do documental supón levar a cabo “un labor de servizo público que agora mesmo non se está a cubrir pola televisión pública”
Os comités de Loxística en Inditex denuncian a "deslocalización" de empregos cara ao resto do Estado
Os sindicatos representados nos comités de empresa de Zara e Pull&Bear subliñan que o crecemento e éxito de Inditex se debeu "ao esforzo dos traballadores galegos" e por ese motivo instan á compañía con sede en Arteixo a "manter o seu compromiso coa comunidade que a viu nacer"
'Se canto é porque quero', a serie da RAG celebra as cantareiras das recollas históricas ás redes sociais
En tres episodios, o documental busca "resaltar a forza viva da tradición dun pobo que segue a cantar porque quere". "Quixemos amosar como son as recollidas, a súa evolución e a dos espazos de aprendizaxe, e puxemos o foco na música do presente", subliñan