
Festival de éxito e un novo proxecto audiovisual: Aquí Tamén Se Fala sobe outro chanzo
A iniciativa de dinamización lingüística impulsada polo IES Rafael Dieste da Coruña consolida o éxito do seu certame musical en galego, que volveu encher a Praza da Tolerancia. O alumnado tomará agora o control do proxecto fotográfico O Novo Normal para unha iniciativa a prol do topónimo oficial no Deportivo.