
Rueda refúxiase do aluvión de preguntas sobre o caso Villares con ataques a BNG e PSdeG
"Encubriu durante meses un presunto agresor sexual" e despediuno "entre aplausos" e "sen unha soa palabra de apoio á denunciante", "iso chámase violencia institucional", denuncia Pontón. "O seu silencio fai pensar que ten información problemática e non a conta", advirte Besteiro, que esixe aclarar por que "se soubo a identidade da denunciante" aos "poucos minutos" de marchar Villares. O presidente retruca a portavoz nacional do BNG reprochándolle que non critique o PSOE por presuntos casos de corrupción que o afectan no Estado e ao secretario xeral do PSdeG, polas imputacións xudiciais que o atinxiron a década pasada, todas elas arquivadas