Outra universidade privada emerxe en Galicia sen apoio explícito da Xunta nin do Estado
O proxecto impulsado por Cesuga pretende iniciar a súa andaina no curso 2026-27. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, apoia unha iniciativa que di que conta co visto e prace do Goberno de España malia que recibiu un informe negativo hai un ano e que a Administración autonómica non avanzou na súa autorización e pide agora "unha aclaración" ao Executivo central sobre o proceso.
As autonomías plurilingües unen esforzos para impulsar o uso das linguas propias entre a xente nova
A Xunta participou na comisión de seguimento do Protocolo de colaboración en política lingüística, que une as comunidades con varios idiomas oficiais, que puxo especial énfase na análise das políticas lingüísticas "en contextos educativos e sociais nos que os máis novos teñen un papel protagonista".
- Interactivo
- Economía
Nova marca histórica: o paro en Galicia baixa por primeira vez das 117.000 persoas
O paro rexistrado descendeu en 3.610 persoas no pasado mes, que marcou a cifra máis baixa de desemprego feminino desde que hai rexistros. O país suma máis de 8.000 empregos e alcanza o mellor dato de afiliación nun mes de abril.
A Xunta aproba o plan contra a soidade seis anos despois de que o Parlamento o reclamase
A estratexia e plan de acción para atender as persoas que viven soas de maneira non desexada están dotados con máis de 145 millóns e prevén unha rede de alerta que implique a carteiros, bares, comercios ou centros parroquiais. Un teléfono específico para estes casos comezará xa a funcionar nas vindeiras semanas.
Medio Rural advertiu do impacto de Altri pero aminorouno tras aceptar os argumentos da empresa
Un informe da Dirección Xeral de Gandaría e Agricultura alertou das afectacións na actividade agrogandeira, da falta dun estudo a fondo destas ou dos prexuízos da excesiva demanda de eucalipto. Outro documento, meses despois, substituíu o inicial tras considerar que "non hai unha incidencia apreciable" da planta sobre o sector e logo de admitir as emendas da empresa.
Vigo e A Coruña, incluídas nun estudo sobre as cidades idóneas para ter tranvía
A fundación Mobilitat Sostenible i Segura inclúe as dúas cidades galegas entre as 22 do Estado que considera axeitadas para implantar este transporte do que valora a súa sustentabilidade, accesibilidade e nula sinistralidade. O informe chega case 15 anos despois da desaparición do metro lixeiro das promesas da Xunta e entre o desinterese das administracións neste servizo.
A campaña polo uso do topónimo oficial no Deportivo suma o apoio de ducias de persoeiros da cultura
Xurxo Souto, María Canosa, Xabier Díaz, Lucía Veiga ou Rodrigo Vázquez, entre moitos outros, únense a través dun vídeo á campaña que insta o Dépor a usar a denominación en galego e oficial da cidade no seu nome.
- Datos
- Economía
O traballo galego cada vez vén máis de fóra
Case o 40% do emprego creado en Galicia no último ano corresponde a traballadores e traballadoras estranxeiras, que supoñen xa o 7% do mercado laboral no país e sofren a precariedade e perda de dereitos contra a que os sindicatos claman neste Primeiro de Maio. Máis da metade traballa no sector servizos e o 22%, na hostalería.
As mensaxes "contraditorias" da Xunta provocan "caos" e "confusión" nos centros educativos
Rueda anunciou a suspensión das clases e do transporte escolar malia a activación do nivel 3 de Emerxencia posterior e as indicacións estatais de abrir para facilitar a conciliación. Moitos colexios e institutos, e a maioría das escolas infantís, permaneceron pechadas entre as queixas de familias e profesorado pola "desinformación".
- Datos
- Economía
A industria tira do mercado laboral en Galicia: 21.000 empregos máis que hai un ano
A ocupación cae no sector primario, na construción e nos servizos no primeiro trimestre do ano mentres aumenta en 5.000 persoas na industria con respecto ao final do pasado ano. No país hai 22.400 empregos máis e 20.600 persoas paradas menos que hai doce meses malia os malos datos do inicio de 2025.
Da aldraxe por Altri ao silencio por Ence malia perderen a mesma axuda pública
As críticas do PP e da Xunta á exclusión da empresa portuguesa das subvencións europeas contrastan co mutismo sobre a planta que prevé nas Pontes a papeleira, compañía de fonda e longa vinculación cos populares e da que no sector advirten do seu malestar co Goberno galego.
Altri pide fondos europeos sabendo que incumpre os prazos
As axudas da UE das que foi excluída exixen que o proxecton da fábrica de Palas estea rematado en menos dun ano cando a empresa advirte de que precisa tres para a súa construción. A prórroga que reclama ao Estado suporía que a Comisión Europea decida reformar un regulamento e convencer os 27 membros da UE, pero a Xunta insiste na "discriminación" por parte do Goberno de España.