Vanesa Vázquez

Vanesa Vázquez

Viguesa do Calvario. Comecei e aprendín en Atlántico Diario, Radio Vigo e Expansión. Cada día conta e agora contámolo en Vinte e Praza.gal. 

  • De ruína a hotel con museo: o mosteiro de Oia enxerga a súa nova vida

    Desde que o grupo vigués Vasco Gallega se fixera coa propiedade en 2004 o mosteiro foise abrindo aos poucos ao público, con visitas guiadas e pequenos eventos culturais, mentres avanzaba lentamente a tramitación para convertelo nun hotel con spa. A propiedade prevé, por fin, comezar as obras en setembro, cun prazo de execución de ano e medio.

  • Con teito e un colchón : "Polo menos na estación non hai pelexas”

    A ameaza do valado aínda no se cumpriu, pero axiña será realidade. A Xunta avisa de que está a ultimar os trámites para comezar a obra. E investirá uns bos cartiños (que aínda non concreta) en pechar o recinto da antiga estación de autobuses de Vigo para “previr a ocupación do inmoble”. Quen son estes ocupas? Persoas sen ingresos que demandan algo de estabilidade para ter a súa oportunidade. “Nos albergues estás 10 ou 15 días e tes que volver á rúa. É moi cruel”.

  • 'San Antonio', aires americanos con recendo a folk no primeiro disco en galego de Los Eternos

    A banda de Cedeira con máis de vinte anos de historia aposta agora por cantar na súa lingua habitual, o galego, e fano coa súa tradicional música americana de raíz, que neste caso ole máis á terra e soa tamén a folk galego e irlandés grazas á presenza de instrumentos como o acordeón, o violín ou o piano. San Antonio (Ferror Records / Milana Música, 2025) amenceu esta semana e supón unha homenaxe a Arantza Navarrete, autora da meirande parte das letras do grupo desde Back on the Road (Warner, 2010), falecida recentemente.

  • A serie 'Rapa' arrasa nos Mestre Mateo, con 11 premios, na gala do "Altri Non"

    Rapa partía como unha das favoritas da noite, con 18 candidaturas, e foi a obra máis premiada nunha gala en que a cultura tamén berrou alto e claro “Altri Non”no Lalín Arena. A serie dirixida por Jorge Coira e Javier Cámara fíxose con 11 galardóns na noite do audiovisual galego. Entre eles, mellor serie de televisión- por terceiro ano consecutivo-, mellor guión para os tamén creadores da serie Pepe Coira e Fran Araújo e mellor dirección, para Jorge Coira e Javier Cámara.

  • Caos nas matrículas das escolas infantís privadas con criterios da Xunta: "Estamos empantanados"

    Para este vindeiro curso 2025-26 por vez primeira o Goberno galego estableceu uns criterios para puntuar as solicitudes das familias que queiran matricular as súas crianzas nunha escola infantil privada subvencionada pola Xunta. Esta medida, moi demandada tanto pola propia Asociación Galega de Escolas Infantís como polas familias, chega catro anos despois da implantación da gratuidade "e é moi mellorable"

  • Alúgase antigo taller para lugar de culto: o auxe da igrexa evanxélica chega aos polígonos

    Naves onde antes había empresas de automoción ou almacéns son agora centros relixiosos dunha rama do protestantismo que chegou a Galicia hai 150 anos. Na Coruña, cidade onde aterrou primeiro, o polígono da Agrela concentra boa parte dos locais de fieis evanxélicos, atraídos polo prezo, a ausencia de problemas polo exceso de ruído e a proximidade aos barrios con máis emigrantes de Latinoamérica. 

  • Unha ‘timba’ feminista para desvelar a historia negada

    Que teñen en común a cervexa, o libro electrónico ou o limpaparabrisas? Son todos elementos que forman parte da vida diaria na actualidade e que foron ideados por unha muller, aínda que moi pouca xente coñeza os nomes da alemá Hildegarda De Binger, a galega Ángela Ruiz Robles ou a estadounidense Mary Anderson. Nos últimos meses tres educadoras sociais galegas veñen de completar un proxecto en forma de xogo de mesa para deitar luz sobre esa historia silenciada de mulleres relevantes que merecen o seu lugar no coñecemento e recoñecemento colectivo. Feminismos no tempo propón unha 'timba'  para xogar, aprender e debater.

  • ‘Ecoralia’, un conto e o rock de Pakolas para defender os alimentos ecolóxicos galegos

    Ecoralia, a lambona ecolóxica, o último proxecto do músico Paco Cerdeira, coñecido como Pakolas polo público infantil, foi presentado hai uns días en Lugo e comezará a xirar por Galicia a partir do ano que vén. A meiga Ecoralia é unha personaxe de nova creación feito da man do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega), que conta coas ilustracións de Laura Romero.

  • Milleiros de persoas ateigan Compostela contra Altri: “Galicia enteira rexeita esa pasteira!”

    “Rueda, recúa, a auga non é túa” foi un dos lemas que e puido escoitar este domingo polas rúas de Santiago, ateigadas por unha marea de persoas chegadas de toda Galicia co propósito de paralizar a instalación da factoría pasteira de Altri en Palas de Rei. Unha hora despois de saír a cabeceira, aínda non arrancaba a parte final da manifestación, no que para moitos foi unha mañá histórica, tal e como previñeran Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.